Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)

A OMIX encárgase de organizar, xestionar e promover os programas destinados á poboación xuvenil do municipio, fundamentalmente á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e 35 anos. A Oficina Municipal de Información Xuvenil está relacionada directamente coa estrutura da Rede Galega de Información Xuvenil seguindo a normativa da Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, establecéndose lazos de coordinación entre ambas as dúas administracións.

 Praza Maior 1, 32800 - Celanova Ourense   ·   Tel. 988 431 481