Obradoiro creativo na Biblioteca Municipal do Concello de Celanova
A mellor parte de calquera espectáculo é crealo, e iso é exactamente o que faremos. Imos crear un espectáculo audiovisual a partir dun conto: crearemos as personaxes, a escenografía, a música, e o mellor de todo, teremos público! Aprenderemos a preparar unha contada e logo poderemos repetir a experiencia cando, como e onde queiramos, só precisamos dúas ferramentas: a nosa creatividade, e un conto!