Concerto Chamuyo Tango no AMIC
Este sábado 07 de xaneiro ás 19:00h concerto de CHAMUYO TANGO no AMIC: Auditorio Municipal Ilduara Celanova
Chamuyo Tango:
No ano 1985, procedente do barrio de “La Balbenera” ( Buenos Aires), chega a Galicia o cantante de tangos Ricardo Coronel. Criado en pleno corazón de Buenos Aires e gracias á influencia do seu avó, pasou a súa infancia escoitando ós grandes clásicos do tango.
No ano 2005, co soño de formar un grupo de tango clásico, xuntouse co músico “Negro Ricardo Ramos” formando o grupo Chamuyo Tango e recuperando así o vocábulo lunfardo “Chamuyo” , que na xerga dos ladróns bonaerenses tiña diversos significados: conversación, discurso ou incluso “facer as beiras”.
O seu estreno como grupo producíuse na mesma cidade que os víu nacer, no Café Cultural Auriense de Ourense, apadriñados polo seu amigo Carlos Rafael. Deixando atrás a súa primeira formación como dúo, incorporánse ao grupo o guitarrista Esteban Muñíz e o violinista Carlos Campos. Con esta formación graban no ano 2009 o CD Chamuyo Tango, coa participación de Blas Segura e Javier Taboada nas guitarras. O traballo foi presentado no Auditorio de Ourense coa colaboración de Xurxo Brea no contrabaixo, David Outomuro na percusión e Carlos Rafael recitando diversos textos sobre a historia do Tango en Arxentina. O disco recolle temas clásicos da “Guardia Vieja” das décadas dos 40 e 50.
O proxecto Chamuyo Tango regresa despois de dous anos coa incorpación da xove pianista ourensá María Domínguez Pérez e permanecendo Ricardo Coronel na voz.
Con motivo do proxecto e grabación do disco das cantigas de Martín Codax, deciden contar coa voz da cantante pontevedresa de orixe arxentino Sheila Patricia e co traballo do famoso compositor galego Adrián Saavedra. O resultado foi unha cantiga medieval a ritmo dos tangos clásicos arxentinos mais cunha clara esencia galega.
A taquilla abrirase 30 minutos antes do comezo do concerto.
Prezo da entrada: 3€