Crear PDF Recomendar Imprimir

Videoconferencia na Aula Cemit para orientar ás empresas nas subvencións do IGAPE

  • Votación
    (1 voto)
  • Data
    xoves, 11 de febreiro de 2016 de 11.30 a 13.30 horas
  • Gústame

logo-igapeEste xoves, 11 de febreiro (de 11:30 a 13:30 horas), emitirase unha videoconferencia na Aula CeMIT do Concello de Celanova con obxecto de difundir un conxunto de axudas para as empresas e pemes galegas.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria abriu no pasado mes de xaneiro un amplo conxunto de programas de axuda para as empresas galegas, co obxectivo de fixar en Galicia tecido industrial que faga posible a recuperación de emprego.

As axudas convocadas totalizan 185 M€ dos orzamentos de 2016, e inclúen medidas para:

  • Potenciar o emprego, especialmente dos colectivos máis desfavorecidos
  • Investir en equipos produtivos de pequenas e medianas empresas.
  • Apoiar proxectos de innovación.
  • Axudas ao comercio.
  • Axudas para a eficiencia enerxética.

Moitas destas axudas finalizan o seu prazo de presentación nos próximos días, polo que a Consellería está a difundilas do xeito máis amplo posible, para que tódolos posibles solicitantes coñezan as oportunidades das que dispoñen.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo