Crear PDF Recomendar Imprimir

Presentación de libro + consultoría de compraencelanova

  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Xoves, 12 de novembro
  • Gústame
2015 11 compraencelanovaO Concello de Celanova, a Fundación Curros Enríquez e compraencelanova.com invítanlle á presentación e firma de exemplares do libro “Y ahora, ¿vendemos o qué?, que terá lugar ás 20:00 horas do vindeiro xoves, 12 de novembro na Praza de Abastos de Celanova.

Ademais, Jesús Huertas Duque, autor do libro e Socio Director de Huertas Consulting quere ofrecer aos establecementos que forman parte de compraencelanova, a posibilidade de recibir unha microsesión de consultoría de 15 minutos de duración para poder tratar os temas máis importantes ou que máis lle preocupan sobre o seu establecemento comercial, negocio ou empresa.

Lembren que se trata dunha posibilidade única, exclusiva e totalmente gratuíta. As microsesións de consultoría terán lugar o mesmo xoves 12 de novembro de 18:00  a 19.30 horas e terán unha duración de 15 minutos cada unha delas.

COMO PARTICIPAR

1.Esta é unha iniciativa única, exclusiva e totalmente gratuíta dirixida aos establecementos que xa forman parte de compraencelanova, tendo firmado o compromiso de adhesión a este proxecto.

2.Para participar nesta innovadora iniciativa deberán enviar un correo electrónico a compracelanova@gmail.com indicando no asunto a palabra “consultoría”.

3.A data límite para a presentación das propostas será o mércores 11 de novembro ás 14:00 horas. Os establecementos seleccionaranse de entre todos os correos electrónicos recibidos por riguroso orden de chegada.

4.As propostas deberán ter entrada antes da data anteriormente mencionada. Finalizado este prazo non se admitirá ninguna outra proposta.

5.As microsesións de consultoría terán lugar o xoves 12 de novembro en horario de 18:00 a 19:30 horas e cada unha delas terá unha duración de 15 minutos.

6.   O equipo de compraencelanova xestionará a recepción de todos os correos e a organización da xornada asignando un horario específico a cada establecemento comercial, negocio ou empresa debéndose éste axustar ao horario que a organización lles asigne.

Lembrarlles, para finalizar, que ás 20:00 horas na Praza de Abastos de Celanova terá lugar a presentación e firma de exemplares do libro Y ahora, ¿vendemos o que?

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo