Crear PDF Recomendar Imprimir

A Fundación Paideia súmase o programa europeo que solicitarán o Inorde, a cámara municipal de Viana do Castelo e o Concello de Celanova

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

Celanova VC 1O proxecto “do mar ó interior, dos castros ó futuro”, pretende traballar conxuntamente na promoción e divulgación do amplo patrimonio cultural que posúen Viana do Castelo e Celanova, centrándose na cultura castrexa e nos oficios tradicionais, así como na música, co fin de que estes sirvan de base para o desenvolvemento de novos productos baseados nas tradicións
 
Os responsables das distintas institucións mantiveron onte unha reunión na Cámara Municipal de Viana e coñeceron diversos espazos municipais e iniciativas privadas que xa traballan nesta liña na capital miñota

O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, xunto co alcalde de Celanova, José Luís Ferro Iglesias, e diversos técnicos das distintas adminsitracións, participaron onte nunha reunión de traballo na Cámara Municipal de Viana do Castelo, co fin de darlle forma ó proxecto de colaboración que acordaron recementemente levar a cabo nun primeiro encontro en Celanova e que centrará os seus esforzos na dinamización e promoción turística de distintos espazos e iniciativas culturais de Celanova e Viana do Castelo, baseando fundamentalmente na riqueza arqueolóxica, así como na exaltación dos oficios e tradicións que posúen as dúas localidades.

Celanova VC 1O programa que se centrará no concepto “do mar ó interior” e “da cultura castrexa ó futuro”, traballará no estudo, promoción e divulgación dos diversos castros e citanias cos que conta o municipio vianés no seu territorio, así como no xacemento arqueolóxico de Castromao e no poboado de Coelianova que nestes días acolle xa senllos campamentos de arqueoloxía experimental e no que están participando unha trintena de nenos e nenas.

Por outra banda, tódalas actividades arredor da artesanía e dos oficios tradicionais que desenvolve a Cámara Municipal de Viana do Castelo e que teñen como máximo expoñente a festa da Nosa Señora da Agonía que terá lugar a finais do mes de agosto e que constitúe unha das manifestacións folclóricas máis multitudinarias de Portugal, terán o seu parangón para o proxecto europeo na Romaría Etnográfica Raigame que anualmente ten lugar o día 17 de maio en Vilanova dos Infantes e que no próximo ano conmemorará, entre outros eventos, o centenario da galeguización do nome de Vilanova.

Por intermediación do Inorde, que xa ven colaborando noutros proxectos con esta entidade, a Fundación Paideia decidiu sumarse ó proxecto co fin de poder aportar o seu coñecemento e os seus medios no ámbito da divulgación da música tradicional relacionada con estas dúas liñas de traballo marcadas pola cámara municipal vianea e o municipio celanovés.

Celanova VC 1Así mesmo e co fin de no quedarse soamente na intervención divulgativa ou turística da historia, senón co fin de aportarlle valor engadido de cara ó futuro, no transcurso da reunión foi acordado tamén incluír un importante apartado dentro proxecto, que será presentado ós programas europeosno próximo mes de setembro, que afonde na toma de referencias nas tradicións e nos oficios tradicionais para promover iniciativas ligadas ó deseño á recuperacíon dos mesmos en proxectos de innovación e así poder xerar promoción económica e desenvolvemento local tanto en Viana do Castelo como en Celanova e Vilanova dos Infantes.

Viana do Castelo xa conta con algunhas iniciativas de carácter privado que baseándose na tradición e nos oficios, hoxe traballan no deseño, elaboración e venda de productos comerciais actuais de coiro, cerámica, estucado, etc. Nese sentido, o Concello de Celanova tratará de poñer as bases dun proxecto de asentamento de artesáns e artistas en Vilanova, co fin de que o ambiente comercial e festivo que se vive nesta vila un día ó ano, o 17 de maio, poida asentarse ó longo de todo o ano, cando menos, nas fins de semana e poida aportar movemento económico e turístico, xa non só en Vilanova dos infantes, senón tamén en Celanova.

O presidente da Cámara Municipal de Viana do Castelo, José María Cunha e a vereadora de Cultura, María José Guerreiro, tratarán de incorporar ó proxecto algún colectivo que traballe tamén no ámbito da música tradicional no Norte de Portugal, co fin de completar a proposta musical que ven a sumar e a enriquecer o proxecto por parte da Fundación Paideia por parte galega.

Celanova VC 1Celanova VC 1Celanova VC 1

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo