Crear PDF Recomendar Imprimir

Preto de medio cento de membros da congregación calasancia visitan os lugares da infancia do fundador da congregación, o beato Faustino Míguez

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

2015 07 21 1Medio cento de representantes do “Instituto Calasancio de las Hijas de la Divina Pastora” que participan no XXII Capítulo xeral da congregación visitaron hoxe as terras de Celanova co fin de coñecer aqueles lugares que están íntimamente ligados á biografía do fundador da orde, o beato Faustino Míguez, natural de Acebedo do Río, dentro do termo municipal de Celanova.

O colectivo estaba formado por 34 relixiosas e 9 leigos. Das 34 relixiosas, tres eran orixinarias de Colombia, seis de Nicaragua, Arxentina e Ecuador e unha procedía da comunidade radicada en Santiago de Chile. O resto forman parte de distintos centros da xeografía española e tres delas están en Ourense. Entre os leigos que as acompañaban tamén había varios procedentes de ibeoramérica.

O grupo desprazouse inicialmente a Acebedo do Río para visitar o lugar de nacemento do Padre Faustino Míguez, que foi o fundador da orde e cuxo corpo se mantén incorrupto no colexio que as Calasancias teñen en Getafe.

2015 07 21 1Posteriormente achegáronse a Celanova para cursar visita ó Mosteiro de San Salvador, onde Padre Faustino Míguez estudou como alumno a mediados do século XIX e posteriormente exerceu como director de internos e onde pronunciou un discurso que constitúe un eloxio á docencia e que actualmente forma parte do ideario docente de toda a congregación no mundo e que é coñecido por tódolos docentes dos centros escolares ligados a esta congregación como o “Discurso de Celanova”.

O alcalde de Celanova. José Luís Ferro, recibiu ó grupo no Claustro Barroco acompañado do profesor Francisco Xabier Limia, que foi quen participou na visita ó conxunto monacal como guía. Nese acto, tanto o propio alcalde como a directoral xeral da orde fixeron votos porque o proceso de canonización de Faustino Míguez poida ter lugar nun prazo de non máis de dous ou tres anos.

2015 07 21 1Neste sentido cabe indicar que, dado que para o proceso de canonización é preciso a demostración canónica da intervención de dous milagres atribuídos ó beato, un primeiro xa está recoñecido polo Vaticano, mentres que o segundo milagre necesario para que a Santa Sede decida a santificación de Faustino Míguez, foi localizado en Santiago de Chile e nestes momentos está en proceso de demostración por parte de dous médicos nomeados polo Vaticano para tal fin e conta xa cun dos informes favorables, agardando que o segundo informe sexa tamén positivo, xa que constitúe un caso moi semellante ó de outro relixioso de recente canonización.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo