Crear PDF Recomendar Imprimir

O grupo coral coruñés “Canta Compaña” actuará mañá domingo no Claustro Barroco do Mosteiro de Celanova

  • Votación
    (1 voto)
  • Data
    Domingo 24 de agosto ás 20.00 horas
  • Gústame

cantacompanha2014O colectivo vocal visita celanova convidado pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova.

Formado por 17 compoñentes, o grupo está especializado na realización de concertos no Camiño de Santiago, ofrecendo música medieval galega e da península ibérica.

Mañá domingo ofrecerá un concerto no salón refectorio do claustro barroco, ás 20,00 horas, e o luns, en colaboración coa fundación vicente risco, actuarán en allariz
 
Ofrecerán un concerto con pezas propias da música medieval galega, poemas de curros enríquez e poemas de autores doutras linguas.

www.cantacompana.es

PROGRAMA

I – Canta Compaña

Muito debemos, varoes, Cantiga de Santa María nº 2, Afonso X O Sabio; Arr. Benito G. de la Parra
Vanitas vanitatum, Sweelinck
Ave María, Julio Domínguez
Senhora do Almurtao, trad.: Portugal; arm.: Julio Domínguez


II – Curros e a poesía galega

Do mar pola orela, letra: M. Curros Enríquez; música: L. Emilio Batallán; arm.: J. Domínguez
O maio, letra: M. Curros Enríquez; música: L. E. Batallán; arr.: Plácido Travieso
Os teus ollos, letra: M. Curros Enríquez; música: José Castro “Chané”
Compañeira, trad. Galicia ; arm.:Julio Domínguez
María si vas, de “3 Cantos Ponteareáns”, arm.: M. Ángel Viro / Julio Domínguez


III – Poesía noutras linguas

Si te quiero..., letra: M. Benedetti; música: A. Favero; arr.: P.Travieso
Nerea izango zen, Mikel Laboa; arm.: Javier Busto
Pokarekare ana, canción maorí; arr.: Mike Brewer
Shto mi e milo, trad. Macedonia
Akanamanla, trad. Sudáfrica
Muma warunó, trad. aborígen Australia


Canta Compaña
Directora: Julia Cea


Canta Compaña comeza os seus ensaios en 2006, en Osedo, Sada (A Coruña). Desde entón, ofreceron concertos en diferentes localidades de Galicia, Estremadura, Castela e León, País Vasco, Illas Canarias, Asturias, Madrid e Cataluña. Algúns dos certames nos que participou son: III Encuentro Coral “Juan Vásquez”, Mérida; IX Encuentros de Música Sacra de Ayala (Álava); XI Festival Coral de Las Rozas (Madrid); XVII “Septiembre Musical” de Santo Domingo de Silos (Burgos); “I Seronda Coral L.lena” (Asturias).

Un dos proxectos culturais de Canta Compaña é a realización de concertos nos Camiños de Santiago, interpretando música medieval galega e da península ibérica: Ofreceron recitais nas catedrais de León e Astorga, catedral de Jaca (Aragón), na Basílica de Sta. María de Pontevedra, no Mosteiro da Merced de Sarria, na Colexiata da Coruña e nas catedrais de Tui e Santiago de Compostela, así como en numerosas igrexas ao longo do camiño xacobeo en Galicia.
Co seu repertorio de música medieval, ofreceron concertos na “Feira Franca Medieval” de Betanzos, na “Festa da Arribada” de Baiona e nas “Jornadas Medievales de Briones” (La Rioja).

No ámbito internacional, en 2009 Canta Compaña realiza una xira por Polonia: participou no Festival Wieczory Tumskie na cidade de Wroclaw e ofreceu un concerto en Cracovia, evento organizado polo Instituto Cervantes. En 2010 Canta Compaña viaxa a Francia onde ofrece concertos na Bretaña francesa.  En 2012, Canta Compaña realizou una xira por Holanda, ofrecendo concertos na provincia de Groningen.

Canta Compaña participou na gravación do CD “Solsticio” do grupo Luar Na Lubre, interpretando unha das pezas. En 2011 participou no concerto presentación deste disco, que se celebrou no Teatro Colón da Coruña.

Canta Compaña ten editado o seu primeiro disco: Entre pedras.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo