Crear PDF Recomendar Imprimir

Máis de setecentas persoas foron atendidas na Oficina de Turismo de Celanova durante a Semana Santa

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

mosteiro celanovaOs alumnos do Obradoiro de Emprego "Camiño de San Rosendo" atenderon tamén a preto de 400 no Centro de Interpretación de Aquis Querquennis

Alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego de xestión cultural e turística “Camiño de San Rosendo” que ata o próximo día 29 patrocinan os concellos de Celanova, Verea e Bande en colaboración coa Consellería de Emprego e Benestar e que se desenvolve en Celanova, aproveitaron a Semana Santa para realizar prácticas de formación tanto na Oficina de Turismo de Celanova, como no Centro de Recepción de visitantes de Aquis Querquennis (Bande), ademais de colaborar coa Fundación Curros Enríquez na xestión das visitas da Casa dos Poetas.

No caso concreto da atención á oficina de turismo de Celanova, as tradicionais visitas guiadas ó conxunto da igrexa e da capela mozárabe de San Miguel, os alumnos tamén organizaron diariamente senllas quendas para realizar visitas para pequenos grupos á torre das campás e á exposición permanente da obra pictórica de José Antonio Ocaña Martínez, chegando a contabilizar un total de 711 as persoas que foron atentidas durante toda a semana neste servizo.

Pola súa parte, as visitas que foron atendidas no Centro de recepción de visitantes do campamento romano de Aquis Querquennis achegáronse ás 400, o que ven a demostrar a crecente demanda turística que decide achegarse a coñecer os destacados recursos patrimoniais cos que contan tanto as Terras de Celanova como a Baixa Limia.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo