Crear PDF Recomendar Imprimir

Subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

subvencionsOrde do 27 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Remata o 30 de xuño de 2014.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

  1. Acondicionamento de locais comerciais.
  2. Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento adicado ó desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda.
  3. Investimentos en tecnoloxías da información e da comunicación.

BENEFICIARIOS:

Comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituida que cumpra os  requisitos seguintes:

  1. Desenvolvan a actividade comercial en Galicia e, asi mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na Comunidade Autónoma.
  2. Que tendo a condición de peme empregue menos de dez traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial.
  3. Estar dado de alta nalgun dos epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II da Orde. A data de alta no imposto de actividades económicas ten que estar cumprendida entre o 1 de novembro de 2013 e o 30 de xuño de 2014, ambos incluidos e consideranse a todos os efectos como data de inicio da actividade.
  4. Que figure inscrito no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscripción á data definalización do prazo de  presentación das solicitudes.

Non poden ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise segundo o Regulamento (C E), nº 800/2008, do 6 de agosto.

Para maior información, os interesados poden dirixirse á Dirección Xeral de Comercio a través dos medios que aparecen na propia Orde de 27 de decembro de 2013, DOG Núm, 23 do Martes, 4 de febrero de 2014,ou ben, nas oficinas do Concello dirixíndose á Axente de Desenvolvemento Local.

Máis información en documento achegado.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo