Ugía Pedreira actuará este sábado en Celanova
Dentro do marco do programa Músicas Soltas, o vindeiro sábado 19, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova, Ugía Pedreira actuará acompañada polos músicos bretóns Niko Kervazo e Pierrot Rouguier.
Celanova avanza na Rede de Músicas Soltas co penúltimo concerto do ciclo cun recital único de Ugia Pedreira presentando cancións e poemas musicados nun concerto especial acompañada de dous músicos bretóns, Nico Kervazo, á guitarra e Pierrot Rougier (flauta e voz) onde Ugia repasará cancións de creación propria desde Chouteira, Marful, Acrobata e novas ainda agachadiñas.
Máis información en: http://folque.com/actualidade/axenda_det.php?id=393&lg=gal