Actividades da Aula Municipal de Informática (Aula Cemit) para setembro
Remítese información sobre as actividades que se están desenvolvendo na Aula Cemit de Celanova e que están a disposición de todas aquelas persoas que desexen achegarse a distintos ámbitos das novas teconoloxías:
Actividades por videoconferencia
Actividades realizadas por videoconferencia e organizadas polo “Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)” da Consellería de Traballo e Benestar, para dar a posibilidade oas interesados que non se poidan desprazar a Santiago:
- Axudas para o acceso a Internet de Banda Larga
- Día da realización: mércores 11 de setembro
- Horario: 12:00 a 13:00h
- Temática: Charla na que se explicará a forma de presentase as axudas e de poder ter acceso a internet naquelas zonas con máis dificultades de cobertura que non poidan usar outras tecnoloxías.
- Destinatarios: Toda a cidadanía, pequenas e medianas empresas interesadas en solicitar unha axuda para o acceso a internet de banda larga vía satélite.
- O uso de Internet e Redes Sociais para menores
- Día da realización: xoves 26 de setembro
- Horario: 16:00 a 20:00h
- Temática: Charla informativa e de sensibilización de país, nais, titores, etc sobre os principais riscos existentes polo uso non apropiado destas ferramentas e ao mesmo tempo proporcionarlles os recursos necesarios para axudarlles na prevención dos mesmos ou minimizar as súas consecuencias.
- Destinatarios: Pais, nais, titores legais e formadores que desexen coñecer os riscos e consecuencias du mal uso das redes sociais, profesionais do sector que desexen ampliar os coñecementos sobre cuestións legais que afecten a estas ferramentas. E en xeral, usuarios que desexen ter máis información de cómo usar estas aplicacións dun modo seguro.
Cursos desenvolvidos pola Aula Cemit do Concello de Celanova
- Manexo de memoria USB
- Tipo de actividade: Manexo e explicación de memorias USB (pendrive)
- Destinatarios: Cidadanía en xeral que posúa destrezas no manexo do computador e queira coñecer o funcionamente e utilización das memorias USB.
- Días: venres 13 de setembre
- Horario: 16:00 h a 20:00h (4 horas)
- Duración: 4 horas
- Descrición: Curso de 4 horas con contidos teóricos e fundamentalmente prácticos
- Creación e manexo dunha conta de correo electrónico
- Tipo de actividade: Como crear unha conta de correo electrónico e como sacar o máximo partido o correo.
- Destinatarios: Cidadanía en xeral que posúa unhas mínimas destrezas no manexo dun computador e con ningún ou escaso coñecemento de correo electrónico.
- Días da realización do curso: Do 16 de setembro ó 20 de setembro. ( luns, mércores e venres)
- Horario: 16:00h a 18:00h
- Duración: 6h
- Descripción: Curso de 6 horas divididas en 3 días. Contidos teóricos e fundamentalmente prácticos.
- Aprende a crear as túas propias presentacións de forma sinxela
- Tipo de actividade: explicación das presentacións e o programa libre office impress, para adquirir destrezas a hora de faer unha propia presentación, con contido teórico e dixital.
- Destinatarios: Cidadanía en xeral que utilice a nivel básico un ordenador, un navegador de internet e posúa unha conta de correo electrónico
- Días da realización do curso: Do 23 de setembro ó 30 de setembro (todos os días excepto xoves)
- Horario: de 16:00 a 18:30h
- Duración: 12.5 horas
- Descripción: Curso de 12.5 horas divididas en 5 días destinando 2,5 horas cada día. Os contidos do curso serán teóricos e fundamentalmente prácticos.
Máis información en cemit.celanova@xunta.es, no 988 431 604, nas Oficinas do Concello ou na propia Aula Cemit sita no Parque das Triguerizas.