Crear PDF Recomendar Imprimir

Actuación da agrupación Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela

  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    10 de agosto ás 20.15 horas
  • Gústame

Cartel pequeno Cantigas e AgarimosO sábado, 10 de agosto, actuará a Agrupación Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela en Celanova
Dentro dun programa financiado polo AGADIC, o colectivo realizará un desfile polo centro da vila e posteriormente ofrecerá unha actuación no Claustro Barroco na que participarán tódalas súas seccións, coro, corpo de baile, pandereteiras e grupo instrumental.

Unhas das agrupacións folclóricas máis antigas de Galicia.

A Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela fundouse nesa cidade no ano 1921 por iniciativa de Bernardo del Río Parada, Salvador Cabeza de León, Enrique Sánchez Guerra e Camilo Díaz Baliño, sendo unha das agrupacións máis antigas adicadas ó folclore galego. Dende a súa fundación, Cantigas e Agarimos estivo adicada á recuperación, conservación e transmisión da cultura tradicional galega, traballando activamente na consolidación da identidade cultural de Galicia.

Cantigas e Agarimos é, ante todo, tempo e historia, pero tamén presente e futuro. Canto coral, canto tradicional, baile, teatro, música, escola, formación, premios, mencións, xiras…, estes son os 90 anos desta Agrupación, unha historia que ten que ser coñecida para poder ser valorada e así non ser esquecida.

cantigasCantigs e Agarimos no Luar

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo