Crear PDF Recomendar Imprimir

O Alcalde de Celanova acusa ao BNG de ter paralizado a recuperación de Castromao

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

castromao 1O Alcalde de Celanova di que resulta curioso que o mesmo grupo político que paralizou o proxecto de Castromao cando estivo á fronte da Consellería de Cultura, agora esixa sacar do abandono o xacemento.

José Luis Ferro entende que precisamente o proxecto da construción do poboado castrexo contra o que está o BNG o que vai facer é precisamente revitalizar todo o proxecto de posta en valor do xacemento.

Celanova (05/06/2013)

O alcalde de Celanova, José Luís Ferro asegurou ter lido con total estupefacción a moción presentada hoxe pola maña polo grupo municipal do BNG no Concello para solicitar “o adecentamento e a sinalización do castro de Castromao, así como a reconversión da rectoral en centro de interpretación da cultura castrexa” porque, cando menos resulta curioso –cando non cínico- que o mesmo grupo político (é dicir, o propio BNG) que paralizou todo o proxecto de posta en valor do xacemento arqueolóxico, así como a rehabilitación da rectoral de Santa María de Castromao para transformala nun centro de recepción de visitantes, cando estivo á fronte da Consellería de Cultura na época de Ánxela Bugallo, agora queira aparecer ante a opinión pública como o gran defensor dese mesmo xacemento arqueolóxico e da propia rectoral para tratar de xustificar o inxustificable, ou sexa o seu tan frontal como irracional posicionamento político en contra do proxecto que se está levando a cabo da reproducción dun barrio do propio xacemento nun monte cercano ó xacemento.

José Luís Ferro indica que, se ben daquela aínda non formaba parte da corporación municipal, tanto a documentación obrante no Concello como a información recabada do anterior alcalde son tan elocuentes como contundentes, no sentido de que despois de telo reclamado con insistencia ante a dirección xeral do patrimonio, no mes de xullo de 2007 o alcalde de Celanova a conselleira de Cultura daquel momento, Ánxela Bugallo, asinaron un convenio por medio do cal o Concello puña a disposición da Xunta o edificio da rectoral de Castromao e a Consellería de Cultura comprometeu unha partida orzamentaria de 32.000 euros destinada a levar a cabo unha primeira fase que contemplou o desescombro do edificio da antiga rectoral.

Como queda dito, ese convenio executouse durante o ano 2007 e pese ás insistentes xestións realizadas durante o 2008 e o 2009 por Antonio Mouriño para que fose continuado o proxecto de rehabilitación, que tiña un orzamento total de 703.314 euros, dende a dirección xeral de Patrimonio, á fronte da cal estaba daquela Felipe Arias, negaron a continuación das obras polo que rectoral quedou na situación na que se atopa actualmente debido á a coñecida recesión económica que lle afectou á administración autonómica.

A isto hai que lle engadir que, previamente, no ano 2006, outro departamento dirixido politicamente polo BNG como era a Dirección Xeral de Xuventude suprimiu o Campo de Traballo Arqueolóxico  que daquela era o único que funcionaba como tal en Galicia, aducindo que non se cubriran as prazas suficientes para poder levalo a cabo, cando dende a propia Dirección Xeral fixeron o posible por non publicitalo.

Por todo isto, ó entender do alcalde de Celanova, resulta insólito que les mesmos queiran aparecer agora como os grandes defensores do patrimonio arqueolóxico de Celanova cando fixeron e están facendo todo o posible e o imposible para que o gran proxecto de dinamización de Castromao non saia adiante, pois o proxecto de construcción dun poboado castrexo nas inmediacións de Castromao reproducindo parte dunha barriada propia do castro non pretende outra cousa que servir de complemento informativo e de espazo futuro para a divulgación do patrimonio arqueolóxico dunha forma didáctica, atractiva e facilmente interpretable por tódolos futuros visitantes e o que vai axudar a facer é, precisamente, promover tanto a futura restauración da rectoral de Santa María como a habilitación do castro para as visitas guiadas.

Neste sentido, José Luís Ferro asegura que a herba que actualmente cubre o castro non é máis ca unha consecuencia temporal da climatoloxía e que tanto iso como o remate da sinalización do roteiro informativo polo castro levaranse a cabo nas próximas semanas tan pronto o Concello conte co personal que poida levar a cabo eses traballos.

Polo demais o alcalde de Celanova quérelle dicir ó grupo municipal do BNG que se están en contra do proxecto de construcción do poboado castrexo que llo digan abertamente ó pobo de Celanova, pois o pobo de Celanova ten dereito a saber cales son os proxectos de futuro que os grupos políticos teñen para o seu municipio.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo