Crear PDF Recomendar Imprimir

Aula Cemit: proposta de cursos para o mes de xuño

  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Mes de xuño
  • Gústame

www.domainEstá publicada a oferta de cursos que se impartirán na Aula Cemit do Concello de Celanova para o mes de xuño.

Contarase coa continuación dos seguintes cursos, xa comezados en maio:

  • Leva as túas contas con facilidade con LibreOffice Calc os días 3 e 7 de xuño de 10.00-12.30.
  • Mecanografía os días 3, 4 e 5 de xuño de 16.30-18.00

 

Entre os novos cursos impartiranse:

  • un curso de Iniciación á Informática Módulo IIIen horario de 10.00-12.30 do 10 ao 28 de xuño
  • un curso de Aprende a crear documentos de forma sinxela con LibreOffice Writer en horario 16.00-18.30 do 10 ao 19 de xuño
  • un curso de Manexo de memoria USB en horario 16.00-19.00 18 de xuño
  • Un curso de Retoca as túas fotos con Gimp en horario de 10.00-13.00 os días 25, 26 e 27 de xuño

Co mótivo do 17 de maio “Día mundial de Internet” realízase na aula os seguintes cursos:

  • Opera co teu banco a través de Internet en horario de 18.30-20.00 os días 9 e 10 de maio
  • Organización de viaxes en horario de 18.30-20.00 os días 14, 15 e 16 de maio

Actividades bencelladas ao CNTG

Actividades realizadas por videoconferencia e organizadas polo “Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)” da Consellería de Traballo e Benestar, para dar a posibilidade oas interesados que non se poidan desprazar a Santiago:

  • Seminario "A aventura de crear un videoxogo. Novos retos e formas de xogar".
    • Día da realización: 4 de xuño
    • Horario: 09:30 a 13:30h

Ademáis impartirase un curso de Redes sociais e comunicación 2.0 na modalidade presencial todos os xoves e venres pola tarde do mes de xuño.

Realizado pola DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO GALEGO. (Videoconferencia).Esta actividade formativa vai ter lugar presencialmente dende o salón de actos do CNTG en Santiago de Compostela e por videconferencia nas aulas CeMIT dando a posibilidade de asistir a todos aqueles que non poidan acudir o CNTG. Máis información en documento achegado.

Máis información en cemit.celanova@xunta.es, no 988 431 604, nas Oficinas do Concello ou na propia Aula Cemit sita no Parque das Triguerizas.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo