Crear PDF Recomendar Imprimir

O Telecentro Celanovés fai entrega dos certificados aos asistentes a cursos de formación en alfabetización dixital impartidos no mes de abril

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

diplomas abril cemit 1O Alcalde de Celanova, José Luís Ferro, participou na entrega de diplomas conseguidos polos alumnos da aula CeMIT do Concello de Celanova tras a asistencia a cursos de formación en Alfabetización Dixital impartidos durante o mes de Abril.

Jose Luis Ferro fíxolle entrega dos diplomas conseguidos aos asistentes ós cursos e, aproveitou o acto para animar ós participantes, a novos usuarios da aula e así como a todos os veciños da vila, a continuar na aprendizaxe e no uso das novas tecnoloxías, mencionando o importante que son na vida cotián, non só da xuventude senón de tódolas idades.

Durante o mes a aula CeMIT dedicou un total de 50 horas de formación. Impartíronse cinco cursos de Alfabetización Dixital de diferentes temáticas, 2 de “Iniciación a Informática” en dúas quendas de mañá e tarde, 1 de “Creación e manexo dunha conta de correo electrónico” e outro “Redes Sociais: Facebook” e para finalizar o mes realizouse o curso de “Crea o teu Curriculum Vitae” enfocado a desempregados. En total ofertáronse 53 plazas das que se matricularon un total de 46 e finalizárono 43 deles.

O Concello de Celanova, a través da aula CeMIT, quere agradecer a todos os asistentes a súa dedicación para o aprendizaxe e potenciar a importancia de coñecer ou actualizarse no manexo das novas tecnoloxías, e animar a novos usuarios a formarse neste campo.

Máis imaxes na Galería de Imaxes

diplomas abril cemit 0diplomas abril cemit 0

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo