Crear PDF Recomendar Imprimir

Presentación do Programa de Concertos “Rede de Músicas Soltas” no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova

  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Mércores, 24 de abril de 2013 ás 11.00 horas
  • Gústame

amic imaxe concertoConvocatoria para a presentación do Programa de Concertos "Rede de Músicas Soltas", que terá lugar na Aula Progreso, do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación provincial de Ourense.

Convoca: Concello de Celanova, Fundación Curros Enríquez e Central Folque

Lugar: Aula Progreso, do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación provincial de Ourense

Data e hora: Mércores, 24 de abril de 2013 ás 11.00 horas

Tema: Presentación do programa de concertos que terán lugar no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova, unha vez rematado o equipamento escénico do edificio, e que darán comezo o próximo sábado, 27 de abril, coa actuación do músico galego Davide Salvado e Najla Shami, e terán continuidade os días 1 de xuño, 29 de xuño, 28 de setembro, 26 de outubro e 30 de novembro

Participan:

  • José Luis Ferro Iglesias – Alcalde de Celanova
  • Olga Nogueira – Central Folque
  • Davide Salvado - Músico

Observacións:

Este programa de concertos forma parte da Rede de Músicas Soltas que ven promovendo a Central Folque por toda Galicia e o Auditorio de Celanova será o único espazo da provicia de Ourense que acolla durante este ano a Rede e trátase dunha aposta firme pola xestión directa dos espazos públicos. Con este programa, o Concello de Celanova quere darlle inicio a unha programación estable ó AMIC co fin de redabilizar os excelentes equipamentos culturais cos que actualmente conta o Concello e converter a Celanova nun lugar de vangarda para o ocio e difusión da cultura.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo