Crear PDF Recomendar Imprimir

Día da auga, da árbore e da poesía. Insua dos Poetas

  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Xoves, 21 de marzo de 2013 ás 11.00
  • Gústame

insuapoetasA Fundación “Insua dos Poetas” conmemorará tres efemérides o próximo 21 de marzo, equinoccio de primavera, coa colaboración do Concello do Carballiño, a Deputación de Ourense, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Aceites Abril:

  • Día da Auga, proposto pola Conferencia da ONU para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento en Rio de Janeiro, en 1992, e adoptado pola Asemblea Xeral, o 22 de decembro do mesmo ano, no que se recoñece a auga potable e o saneamento básico como un dereito esencial para o desfrute da vida e de todos os dereitos humanos.
  • Día da Árbore -tamén chamado Día Forestal Mundial-, recomendado polo Congreso Forestal celebrado en Roma en 1969 e aceptado pola FAO (Organización da ONU para a Agricultura e a Alimentación), en 1971, como recoñecemento aos múltiples servizos que prestan as árbores á vida e á actividade humana, ademais do simbolismo que representan nas diferentes culturas.
  • Día da Poesía, adoptado durante a 30ª Reunión da UNESCO, celebrada en París en 1999 e que se ven celebrando desde o 2000 en todo o mundo co obxectivo de contribuir á defensa de todas as linguas do mundo a través da expresión poética, denunciando, asimesmo, as privacións da liberdade de expresión.

O desenvolvemento do acto terá lugar en Insua dos Poetas, Esgueva-Madarnás-O Carballiño (Estrada Carballiño-Lalín (OU-902), km 4,5), e co seguinte programa:

  • 11:00 horas.- Introdución a cargo de Xabier Castro Martínez (Secretario da Fundación), que procederá a dar lectura á declaración de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, no Día Mundial da Poesía.
  • 11:10 horas.- Benvida de Argimiro Marnotes, Alcalde do Carballiño.
  • 11:20 horas.- Recital das alumnas e alumnos do IES nº1 e dos Colexios Sagrado Corazón, Vila do Arenteiro e Calvo Sotelo.
  • 11:50 horas.- Plantación de árbores a cargo dos escolares, escritores, artistas, etc.
  • 12:15 horas.- Palabras de González Tosar (Escritor e Presidente da Fundación)
  • 12:20 horas.- Palabras de Xosé Luis Méndez Ferrín (mantedor do acto)
  • 12:30 horas.- Intervención de Manuel Baltar (Presidente da Deputación de Ourense)
  • 12:45 horas.- Intervención de Jesús Vázquez Abad (Conselleiro de Cultura, Ed. e Ord. Univ.)

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo