O TENIS DE MESA CELANOVA REINICIA A COMPETICIÓN CUNHA AMPLIA VICTORIA ANTE O CINANIA CUARTEIRON
14 de Xaneiro de 2013
Voltou a competición na 3ª Galega de Tenis de Mesa coa oitava xornada da liga que se disputou no pavillón Pedra da Moa coa victoria por 6-1 do Tenis de Mesa Celanova ante o Cinania Cuarteirón. O punto do Cinania conseguiuno Alberto Fernandez 1-3 no segundo dos encontros ante o local Guilermo Baliña, gañando o resto de puntos os xogadores de Celanova. Antonio Feijoo nos dous que disputou por 3-0 o igual que Carlos Gonzalez 3-1 e 3-0 nos seus dos encontros mentres Guillermo Baliña tamén sacaba adiante o seu segundo partido por 3-2 ademais do gañado en dobles faendo parella con Antonio Feijoo.