Crear PDF Recomendar Imprimir

O Concello de Celanova xa ten solicitada a reversión da Torre de Vilanova, que será reintegrada ó Concello e a ningunha outra entidade ou institución

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

dx_agaderAnte as opinión vertidas hoxe nos medios de comunicación, unha vez máis de forma completamente desinformada, pola voceira do PSdeG-PSOE do Concello de Celanova respecto da proposta de reversión da torre da homenaxe do antigo Castelo de Vilanova dos Infantes ó Concello de Celanova, o acalde, José Luís Ferro, quere informar á poboación que, tal e como se deduce do documento adxunto, tan pronto a Consellería de Medio Rural procedeu ó cese da actividade do Centro Comarcal e ó consecuente peche da torre ás visitas guiadas á mesma, remitíuselle un escrito ó Director Xeral de AGADER adxuntándolle copia do convenio subscrito entre o  Concello de Celanova e, naquel momento (xaneiro de 1998), a “Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia”, onde se indica de forma literal que “… o Concello recuperará o uso do edificio, coas obras e instalación realizadas, no caso de que a Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia se disolva…”

En base a esta circunstancia o Concello solicitou formalmente a entrega das chaves da torre, propoñéndolle a concretización “de data e lugar onde se oficializará a requerida entrega”.

José Luis Ferro quere desmentir así á concelleira do PSdeG-PSOE de Celanova, tranquilizando ós veciños de Celanova e dun xeito especial ós de Vilanova dos Infantes no sentido de que o desenvolvemento turístico de Vilanova dos Infantes en particular e do conxunto histórico-monumental de Celanova será definido e xestionado polo Concello de Celanova, tal como, por outra parte, se ven facendo dende hai anos.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo