Crear PDF Recomendar Imprimir

O Alcalde de Celanova somete a debate plenario o transfuguismo da concelleira Monserrat Álvarez Vispo

  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Mércores 5 de decembro de 2012 ás 11.00 horas
  • Gústame

Preguntaralle os grupos da oposición se van amparar o que el denomina “un roubo á democracia de celanova” e trasladará o asunto á comisión de seguimento do pacto antitransfuguismo no congreso dos deputados.

O tema centrarase na celebración dunha sesión plenaria na que, entre outros asuntos, se someterá a debate o “Acordo sobre un código de conducta política en relación co transfuguismo nas corporacións locais (II Adenda)” con motivo do transfuguismo protagonizado pola concelleira dona Monserrat Álvarez Vispo.

O alcalde de Celanova e o seu grupo de goberno queren que a concelleira tránsfuga que abandonou o PP, Monserrat Álvarez Vispo, lle explique oficialmente ó pobo de Celanova as verdadeiras razóns polas que decidiu abandonar o grupo de goberno. Así mesmo, tamén lle preguntarán ós dous grupos políticos da oposición, BNG e PSOE, se teñen pensado aproveitarse do transfuguismo de Maonserrat Álvarez Vispo, cando o Pacto Antitransfuguismo asinado por tódalas formacións políticas do arco parlamentario das Comunidades Autónomas sinala que “os tránsfugas non poderán ser incluidos en listas electorais nin manter ou cambiar maiorías”, así como que “serán considerados tránsfugas, non só aqueles concelleiros que abandonen os partidos políticos polos que foron elixidos e pasen ó grupo de non adscritos, senón tamén a aqueles concelleiros doutros grupos políticos se beneficien da conducta destes tránsfugas”.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo