Crear PDF Recomendar Imprimir

75 alumnos da XXV edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galiciade procedentes de 22 paises e outras zonas de España visitan Celanova

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

Mañá, sábado día 13 de xullo, 75 estudantes que participan na XXV edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia, que organizan a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e mais a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, participarán nunha xornada de inmersión lingüística, cultural e paisaxística na Galicia interior que se desenvolverá entre Allariz e Celanova.

Acompañados polo director dos cursos Francisco Fernández Rei, pola secretaria dos cursos Ana García García, por varios profesores e guiados por Xosé Antón Laxe Martiñán 75 estudantes (dos 85 matriculados) percorrerán Allariz; logo irán xantar a Celanova, para despois coñeceren a vila e visitaren a Casa dos Poetas e o Mosteiro de San Rosendo e á volta visitaren a Vilanova dos Infantes de Luis Soto e Xosé Luís Méndez Ferrín.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo