Crear PDF Recomendar Imprimir

Celso Emilio Ferreiro (1912-2012): Ética y Poética

  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    16. 17 e 18 de xullo
  • Gústame

uimpceferreiroO Concello de Celanova, en colaboración coa UIMP (Universidade Internacional Menéndez Pelayo) acollerán os días 16, 17 e 18 de xullo unhas xornadas en horario de mañá.

Estas xornadas tratab de recordar e reivindicar a figura humana e a obra literaria de Celso Emilio Ferreiro, un dos escritores máis destacados da literatura galega contemporánea e un dos poetas sociais máis relevantes das letras hispánicas, no primeiro centenario do seu nacemento.

Abordarase a súa ética vital, sobre a que se proxectaron algunhas sombras malintencionadas a pesar da súa humanidade e personalidade sempre comprometidas coa liberdade e a xustiza, e a súa xenial creación poética de signo eminentemente civil e social, á luz da súa complexa biografía e da súa extensa e valiosa obra lírica, que mostra a un reseñable compoñente metapoético.

Máis información e programa na web da UIMP.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo