Crear PDF Recomendar Imprimir

O Conservatorio Elemental de Celanova converterase nunha Escola de Música

  • Votación
    (3 votos)
  • Gústame

O Conservatorio Elemental de Celanova transformarase nunha Escola de Música e será xestionado pola Asociación de Amigos da Banda de Música de Celanova.

O obxectivo é abrir a oferta de clases de música dun xeito moito máis práctico e a unha maior franxa de idade dos alumnos.

O alcalde de Celanova, Antonio Mouriño Villar e o novo presidente da Asociación de Amigos da Banda de Música de Celanova mantiveron unha reunión cos pais de alumnos do Conservatorio Elemental desta vila (que aínda que era de titularidade municipal, dende hai varios anos viña sendo xestionado dende o punto de vista docente pola propia Asociación de Amigos da Banda de Música celanovesa), co fin de informalos do proxecto de transformación para o próximo curso do actual Conservatorio Elemental nunha Escola de Música que pasará a ser xestionada de forma directa pola propia Asociación de Amigos da Banda de Música.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo