Crear PDF Recomendar Imprimir

Celanova organiza un encontro de xornalismo para divulgar a faceta xornalística dos seus escritores

  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    17 18 de marzo
  • Gústame

terrapoetas_xornalismoTerá lugar os días 17 e 18 de marzo e está previsto que asistan alumnos da Escola de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela

O ciclo estará tamén aberto ao público en xeral sen necesidade de inscrición previa

En documento adxunto remítese o programa do I Encontro de xornalismo "Onde o mundo se chama Celanova" que pretende achegar ós alumnos de xornalismo de Santiago de Compostela as facetas xornlísticas dos escritores de Celanova e ó mesmo tempo afondar na situación do xornalismo actual naquelas áreas de traballo nas que destacaron os autores celanoveses, como foi o caso de Curros Enríquez como corresposal de guerra nas Guerras CArlistas de finais do século XIX ou o xornalismo literario que practicou Celso Emilio Ferreiro.

O encontro contará coa presencia do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, co propio conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, así como con destacadas figuras do xornalismo actual galego como o reporteiro Miguel Anxo Murado, Luís Menéndez (que realizou un documental para a TVG sobre Celso Emilio Ferreiro) e José Rodil, da TVG, ou Rafael Cid, de TVE, así como cos escritores Luis González Tosar e Xosé Luís Méndez Ferrín, e enmárcase dentro dos actos de celebración do Ano de Celso Emilio Ferreiro.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo