Crear PDF Recomendar Imprimir

Pésame polo falecemento de Isaac Díaz Pardo

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

lazo_negroO alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Mouriño Villar, desexa manifestar o seu pesar polo falecemento de Isaac Díaz Pardo, un bo amigo de Celanova na súa condición de Patrón de Honra da Fundación Curros Enríquez, como premio “Celanova, Casa dos Poetas” que lle foi concedido no ano 1997.

Antonio Mouriño destaca que mentres a xornada de onte foi para Celanova un día de ledicia pola apertura das actividades que se van desenvolver na memoria de Celso Emilio Ferreiro con motivo da conmemoración dos cen anos do seu nacemento, a xornada de hoxe transformouse nun día de tristura porque nos abandona un dos principais referentes da cultura galega, como sen dúbida foi o intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo.

Dase, ademais, a circunstancia de que Isaac Díaz Pardo e Celso Emilio Ferreiro cultivaron unha profunda amizade, froito da cal xurdiu no ano 1970, entre outras colaboracións, a publicación do cartel de cego “Paco Pixiñas, historia dun desleigado”, escrita por Celso Emilio e ilustrada polo propio Díaz Pardo.

Coa súa marcha, a cultura galega queda orfa dun dos seus máis profundos pensadores, un intelectual íntegro no máis estricto concepto da palabra, que non tivo necesidade de abandoar, sen embargo, esa imaxe característica e popular de home apegado á terra que tanto o identificou ó longo da súa vída.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo