Crear PDF Recomendar Imprimir

O parlamento da Xunta declara o 2012 ano do poeta Celso Emilio Ferreiro

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

 O Parlamento galego aprobou hoxe unanimemente unha iniciativa do PP que declara 2012 como ano do escritor Celso Emilio Ferreiro, para conmemorar o centenario do seu nacemento.

A iniciativa destaca o labor de Celso Emilio como renovador da literatura galega, así como a súa actividade política e literaria 'de compromiso con Galicia e defensa das liberdades democráticas'.

A declaración do ano que vén dedicada a Celso Emilio incluirá actuacións de difusión da súa biografía e obras e procurará a implicación de institucións públicas na conmemoración do centenario.

De acordo coa proposta aprobada, a Xunta tamén elaborará un catálogo de actuacións, a acometer durante o ano para dar a coñecer a figura do escritor.

O autor da iniciativa, o popular Agustín Baamonde, elixiu a figura de Celso Emilio, por consideralo un dos poetas galegos máis influentes do século pasado 'cunha poesía directa e evocadora que serve de altofalante para denunciar as desigualdades sociais e a inxustiza en calquera das súas caras'.

Pola súa banda o Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez mostraron, a través dun comunicado, a súa satisfacción pola decisión unánime do Parlamento de declarar o 2012 ano de Celso Emilio Ferreiro.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo