Crear PDF Recomendar Imprimir

A aula Cemit do Concello de Celanova abre as súas portas a partires do luns 13 de xuño

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

O Concello de Celanova porá en marcha, nas vindeiras semanas, varios cursos ao abeiro da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CEMIT), un programa respaldado economicamente pola Xunta de Galicia e do que forman parte un total de 94 concellos galegos, entre eles Celanova.

Os cursos serán impartidos na aula da propia Rede Cemit, que xa está incorporada nas dependencias municipais do Concello, e que tamén se pode empregar para que os cidadáns poidan facer uso libre dos equipamentos dos que se dispoñen.

Estes cursos serán impartidos a toda a veciñanza en xeral ademáis das agrupacións, colectivos, asociacións, ... que estimen oportuno formarse no emprego dun ordenador, o acceso a Internet, a manipulación das redes sociais, ...

Será posible consultar estes cursos mediante o enderezo electrónico www.cemit.xunta.es, ou ben achegándose á aula de informática situada nos baixos do Mosteiro (antigo Inem) no Parque das Triguerizas, onde se impartirán estes cursos.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo