Fundación Curros Enríquez

Imprimir
PDF

A Fundación ten por obxecto promover e difundir o coñecemento da vida e da obra de Manuel Curros Enríquez, así coma dos outros poetas e escritores relacionados con Celanova.

Polo que algúns dos fins da fundación son: a xestión anual da Casa Museo, a recopilación de material documental, mobiliario, etc. para a dotación da Casa Museo, a promoción de estudios de investigación e divulgación da vida e da obra de Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e os outros escritores nacidos ou relacionados con Celanova, a organización de campañas informativas a nivel escolar do que significou a figura de Manuel Curros Enríquez para o rexurdimento da literatura galega, a continuación da entrega anual do premio "Celanova, casa dos poetas” e a organización de talleres literarios, cursos de verán e outros relacionados coa poesía e o xornalismo, nos que destacou a figura de Curros Enríquez ademáis da organización de actividades culturais, congresos, seminarios, recitais poéticos, concertos, conferencias, mesas redondas e outros relacionadas co mundo da literatura galega e co tempo literario no que se moveron os poetas.

Non deixes de acceder á web www.currosenriquez.es para descubrir máis acerca da fundación.

 

 

 

 

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo