Escola Infantil

Imprimir
PDF

A Escola Infantil Municipal do Concello de Celanova é unha escola infantil de 0 a 3 anos que trata de dotarlle aos cidadáns do Concello un servizo de apoio e asistencia no coidado para os nosos pequenos. O principal obxectivo deste centro, aparte do apoio educativo, é o de axudar na conciliación da vida laboral e familiar dos pais e nais deste Concello.

Ten por obxecto o desenvolvemento harmónico e integral dos nenos e das nenas. Realiza, ademais, un importante labor de apoio á función educativa da propia familia á vez que facilita o acceso dos pais e das nais ao mundo laboral.

A escola dispón de 41 prazas que se distribúen en tres rangos de idade:

  • 3 meses - 1 ano: máximo de 8 prazas
  • 1 a 2 anos: máximo de 13 prazas
  • 2 a 3 anos: máximo de 20 prazas

 

 

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo