A Casa do Concello alberga a maior parte dos servizos administrativos de carácter municipal. Situado nun lugar emblemático e singular, como é o Mosteiro de San Salvador, ofrecemoslle ao cidadán os seguintes servizos dende a devandita situación:
- Rexistro (Portelo único da Xunta de Galicia) e servizos xerais do Concello
- Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). A OMIX encárgase de organizar, xestionar e promover os programas destinados á poboación xuvenil do municipio, fundamentalmente á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e 35 anos. A Oficina Municipal de Información Xuvenil está relacionada directamente coa estrutura da Rede Galega de Información Xuvenil seguindo a normativa da Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, establecéndose lazos de coordinación entre ambas as dúas administracións.
- A Oficina de Turismo, cuxos obxectivos son:
- Informar, asesorar e atender as peticións dos visitantes e potenciais usuarios dos servizos da vila
- Realizar visitas guiadas ás dependencias do conxunto histórico do Concello de Celanova, como son A Capela de San Miguel, e o Mosteiro de San Salvador
- A oficina dos Pepris
- Informar e asesorar sobre o espazo do PEPRI no Concello de Celanova, ademais de pedir asesoramento sobre as edificacións históricas e a súa remodelación adaptadas á lei vixente