Aula multimedia (Rede Cemit)

Imprimir
PDF

Introdución
Desde o ano 2011, o Concello de Celanova conta cunha aula de informática enmarcada dentro do proxecto da Rede de Centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica (Rede CeMIT).

A aula conta con 14 computadores de sobremesa equipados  con auriculares e lector de DNI electrónico. Ademais, hai unha impresora multifunción de uso público limitado, e un proxector. Tamén dispón dunha rede de conexión sen fíos o que permite que as persoas usuarias traballen cos seus propios computadores tanto dentro, coma nos aledaños da Aula. Esta aula tamén dispón de tecnoloxía que permiten levar a cabo sesións de cine, videoconferencias, sesións de traballo con grabación do evento, ...

Esta aula, especialmente destinada a alfabetizar dixitalmente á poboación, vén ofrecendo desde entón os seguintes servizos:

Salón de eventos

  • Videoconferencias, previamente planificadas e informadas, entre distintos colectivos do Concello con outras entidades que dispoñan da tecnoloxía de videoconferencia. As experiencias levadas a cabo inclúen ás Amas de Casa, colexios públicos da zona, mozos e mozas interesados na composición musical, ...
  • Xornadas de cine. A tecnoloxía que nos brinda a aula permite incorporar un ambiente propio dun cine, coa iluminación, a visualización e o son propios dun cine, anque en medidas restrinxidas.
  • Emprego da aula para cuestións transversais como a realización de probas e exames, sala de lectura común, realización de traballos manuais que impliquen ás novas tecnoloxías.

Formación

  • Cursiños de formación: cursos de 8 a 25 horas de duración  (introdución á informática, procesador de textos, folla de cálculo, ...). Estes cursiños están orientadas a alfabetizar dixitalmente ao público, o que implica que os coñecementos do alumnado son moi limitados ou inexistentes nas novas tecnoloxías.
  • Píldoras formativas: son pequenos obradoiros de formación cunha duración inferior a 5 horas, e cuxo obxectivo é o de formar ao alumnado sobre diferentes aspectos das novas tecnoloxías ( solicitude de cita médica por Internet, prensa na Internet, cita previa da itv, o emprego dos pendrives, o emprego das cámaras dixitais, o uso do DNI electrónico, ...)

Aulta aberta
Ademais das actividades formativas, a aula conta cun horario de aula aberta en que calquera pode utilizar libremente os ordenadores e demais recursos.

O servizo da aula aberta conta cun/cunha dinamizador/a tecnolóxico/a que presta apoio a quen o necesite, asesorando, resolvendo dúbidas, informando sobre páxinas web, ensinando a facer aquilo que o usuario non sabe...

A aula aberta é tamén unha boa oportunidade para que aquelas persoas que asisten aos obradoiros reforcen os seus coñecementos e poñan en práctica o aprendido nas clases.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo