Ponte de Freixo

Imprimir
PDF

É unha das pontes máis belas sobre o Arnoia e dos exemplares de construcción romana que conserva gran parte da súa estructura orixinal. Declarado monumento nacional en 1984, mide 57 metros de largo e consta de catro arcos de medio punto con machones de pico sobre pilastras para resistila corrente do río.

Foi construído para comunicalo campamento romano Aquis Querquernis con Ourense e Lugo; e tamén se relaciona ca existencia dun complexo militar romano no municipio de Cartelle. Considerase coma un itinerario secundario para comunicala Via Nova e a Via XVII.

A zona da ponte de freixo está integrada nunha área recreativa onde se pode practicar a natación, o sendeirismo, gozar dunha comida o aire libre ou, simplemente, disfrutar da paisaxe.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo