Os petroglifos de Freixo foron descubertos en 1998 por Enrique Sousa Pérez durante un paseo polo monte. Tratase dun conxunto de seis grupos círculos concéntricos con cazoleta central. Ignorase o número na súa orixe porque a roca caeu nas mans dos canteiros e apareceu completamente mutilada con sinais de barreno.
Estas manifestacións prehistóricas, que a ciencia sitúa a finais do neolítico ata ben entrada a idade de bronce, constitúen unha mensaxe na na botella da historia, que os nosos antepasados nos han querido legar. Pero fáltanos a clave para descifralo porqué, e o para qué destas esculturas rupestres, tan idénticas a outras de outros continentes, a miles de quilómetros de distancia. As de frixo perdidas en un monte de Celanova, cerca do Arnoia, tan similares a outras atopadas en Arizona e o Brasil. O eterno enigma universal dos círculos e o labirinto, que tan ben recolleron os canteiros do medievo.