Mourillós é unha parroquia que se asenta ao carón do núcleo urbano do Concello de Celanova. Dispón de 189 habitantes distribuidos en 7 núcleos de poboación que se citan a continuación:
- A Devesa
- Mandrás
- O Mato
- Mourillós
- Penalta
- Xixín
- O Val
Datos de interese
Destacan os elementos arquitectónicos como o muro da Coutada na Devesa, a igrexa parroquial ou os numerables canastros existentes nos seus pobos. O seu patrón é San Pedro e as celebracións festivas máis importantes teñen lugar a finais de xuño de cada ano en honor a San Pedro.