Milmanda é unha parroquia que se asenta no suroeste do Concello de Celanova. Ten 164 habitantes distribuidos en 10 núcleos de poboación que se citan a continuación:
- Ademourán
- O Carballo
- Carracedo
- A Magdalena
- Moimenta
- Orbán
- O Pereiro
- Santa Eufemia
- San Martiño de Abaixo
- San Martiño de Arriba
Datos de interese
O patrón desta parroquia é Santa Eufemia, non obstante, a celebración que goza dun maior pulo é a Magdalena que ten lugar o 22 de xullo de cada ano na capela que leva o seu nome.