Castroamo é unha das parroquias do Concello de Celanova con máis tradición e historia, xa que alí se asenta un castro poboado polos celtas hai centos de anos. Dispón de 200 habitantes distribuidos en 10 núcleos de poboación que se citan a continuación:
- Arrabalde
- A Buratiña
- Canavelas
- Castromao
- A Gandarela
- Piñeiro
- A Roda de arriba
- Ferrería
- San Xiao
- O Pazo
Datos de interese
Os núcleos de poboación desta parroquia están accesibles maiormente dende a estrada OU-531 en dirección a Cortegada. O máis destacado sen lugar a ningún tipo de dúbidas son os pobos do Castro de Castromao e o alto de San Xulián na Gandarela.