Amoroce é unha parroquia que se asenta no sur do Concello de Celanova. Dispón de 169 habitantes distribuidos en 12 núcleos de poboación que se citan a continuación:
Amoroce
Os Barreiros
Carballeira
Casal
Carvasco
Goterre
A Granxa
Mociños
Outeiro
Quintairos
Rial
Sampil
Datos de interese
Está situada nunha parte alta do Concello de Celanova, dende onde se poden obter unhas panorámicas de magnífica beleza.