Festas

Imprimir
PDF

FESTAS

No calendario local de eventos teñen especial relevancia a Romaría etnográfica Raigame - que ten lugar o 17 de maio de cada ano coincidindo coa celebración do día das letras galegas- e a Ramallosa - que ten lugar a principios do mes de agosto no primeiro fin de semana, e que está en trámites de ser considerada Festa de interese nacional.

Outra celebración de importancia é o sábado de piñata que se celebra o sábado seguinte ao remate do entroido. A pesar de ser relativamente innovadora, esta actividade xa goza de gran prestixio no ben coñecido panorama do entroido ourensán.

A continuación podes ver o calendario das festas patronais nas diferentes parroquias:

  • Festas do San Roque (primeira quincena de Agosto, sendo o 15 o día principal)
  • Festa do San Marcos da Gandarela (finais de Abril)
  • Festas do San Cibrao de Acebedo do Río (finais de setembro)
  • Festas do Cristal (mediados de setembro)
  • Festas dos Remedios (Santa María de Vilanova. A primeira fin de semana de setembro) Hai verbena na praza do pobo con chocolate gratis e queimada para os asistentes
  • Festa da Virxe das Neves en Freixo (mediados de xullo)
  • Festa da Magdalena en Santa Eufemia (mediados de xullo)
  • Festa da virxe do Carme en Queixas: no mes de xuño

OUTRAS FESTAS

  • Folión castrexo que se celebra na primeira quincena de agosto, na fin de semana entre a festa de San Roque e a Ramallosa. Conmemórase a convivencia entre os habitantes de Castromao e das tropas romanas fai maís de 2000 anos.
  • Xornadas do Folclore con bailes tradicionais de distintos países do mundo, e que se celebran no emblemático Claustro Barroco.
  • Tamén se celebra unha feira de mostras organizada pola Asociación de comerciantes e empresarios de celanova, que se soe celebrar no mes de abril.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo