Crear PDF Recomendar Imprimir

Celanova manterá a celebración do Mercado Semanal o xoves, día 6, día da Constitución

  • Lugar
    Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    xoves, 6 de decembro de 2012
  • Gústame

mercado_celanovaO obxectivo da medida acordada polo Concello é o de colaborar coa dinamización do comercio local, xa que ó ser festivo de carácter nacional é posible que se incremente a afluencia de público e de visitantes a Celanova.

O alcalde de Celanova fai unha chamada ós comerciantes para que se unan nas súas decisións, por entender que desta difícil situación económica pola que estamos a pasar será máis fácil saír se todos xuntos “arrimamos o ombreiro”.

O alcalde de Celanova, José Luis Ferro, dictou hoxe un bando co fin de informar ós comerciantes de Celanova, así como a aqueloutros ambulantes que adoitan desprazarse a esta vila os días de mercado, ademais de a tódolos potenciais consumidores que acostuman aproveitar tamén a celebración destes mercados para achegarse a Celanova, de que o próximo día 6 de decembro manterase o mercado semanal en xoves, pese a ser festivo, e non se adiantará ós mercores como se viña facendo tradicionalmente.
Esta medida adoptouna o alcalde de Celanova logo de facer unha exploración a través dos servizos municipais e detectar que a opinión maioritaria dos responsables do comercio local, así como dos propios comerciante ambulantes, é favorable a manter a celebración do mercado tódolos xoves, aínda que coincida cunha celebración festiva.

O obxectivo desta medida non é outro có de colaborar coa dinamización do comercio local, por entender que ó ser un día festivo de carácter nacional e dándose ademais a circunstacia de que dous días despois -é dicir, o día 8- volve ser festivo, é posible que iso axude a unha maior confluencia de visitantes a Celanova.

Esta medida de manter a celebración dos mercados coincidindo o xoves cun día festivo lévase aplicando dende hai preto dunha década no día de Xoves Santo e o resultado ten sido maioritariamente satisfactorio para o comercio local, polo que se entende que nesta ocasión do Día da Constitución tamén se dan as circunstancias favorables para que o mercado se celebre en día festivo.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo