Imprimir

Celanova súmase á campaña internacional "Quere o teu mercado" de promoción das prazas de abastos

  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Sábado 28 de maio de 10.30 a 13.30
  • Gústame

praza abastosDegustación de productos tradicionais así como promoción doutros novos serán os principais atractivos da xornada que terá lugar o próximo sábado, día 28, organizada en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio

O Concello de Celanova e a  Fundación Curros Enríquez a través do portal web compraencelanova.com súmanse á campaña internacional de promoción dos mercados locais e prazas de abastos “Quere o teu mercado”.  Desta forma ámbalas dúas entidades pretenden destacar o papel da Praza de Abastos da vila como peza fundamental do comercio tradicional.

De tal xeito, o próximo sábado 28 de maio, en horario de 10:30 a 13:30 e con motivo da celebración do Día do Mercado en Galicia, a Praza de Abastos de Celanova acollerá diferentes actividades de promoción. Ademais das tradicionais degustacións dos produtos elaborados nos propios postos do Mercado, os antigos alumnos da especiaidade de repostería e confeitaría do obradoiro de emprego “Terras de Rosendo” realizarán promoción, degustación e venta dos produtos elaborados durante o seu período formativo. Todas aquelas persoas que se achegen ata o Mercado poderán degustar e adquirir a “Bica Trísquel”,o “Xadrez de San Rosendo en bombón de chocolate” e outros produtos vencellados á antiga tradición chocolateira e reposteira de Celanova.

Os obxectivos que se perseguen coa posta en marcha desta campaña son: resaltar os valores da compra local, a promoción dos produtos de proximidade e poñer en valor a calidade e profesionalidade das nosas praceiras.

Pola súa proximidade e situación estratéxica, a Praza de Abastos de Celanova pode volver xogar un valioso papel dinamizador e revitalizador do centro urbano onde se asenta e facilita a compra de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos.

Mercar nela é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada e ademais foméntase o consumo de produtos galegos.

“Quere o teu mercado” (LoveYour Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos.