Imprimir

O colectivo ANEDIA celebra unha conferencia sobre “Diabetes cero” e unha xornada de convivencia o próximo domingo no Mosteiro de San Rosendo

  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Domingo, 14 de maio de 2016 a partires das 11.00 horas
  • Gústame

Anedia organiza unha nova xornada de convivencia e información sobre esta enfermidade, facendo fincapé nos enfermos máis pequenos

"DIABETES CERO" é o título da charla que impartirá o próximo domingo, a patir das 11.00 horas no Refertorio do Monsteiro de San Rosendo de Celanova. O membro de “Diabetes Cero” Salvador Budiño, explicaranos en que consiste este movemento de pais e nais que a nivel estatal loitan pola investigación en diabete.

O acto, que está aberto ao público en xeral, forma parte da programación que periodicamente organiza ANEDIA, a Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia. Iniciativas que se marcan como obxectivo prioritario informar sobre a enfermidade co fin de normalizar a vida dos pequenos e pequenas que a padecen.

Como en anteriores ocasións complétase o programa con saídas lúdico-educativas, que manteñen como referencia fomentar o deporte e o respecto ao medioambiente, á vez que se fomenta a relación entre familias e pequenos que comparten o vivir co tratamento da diabete.

Nesta ocasión a visita a Castromao e a Vilanova dos Infantes na que poderemos visitar a Torre da Homenaxe e a Cova de San Vivián. As persoas que o desexen poden empezar a xornada visitando a capela de San Miguel no mosteiro de Celanova.

anediaAdemáis graza a colaboración desinteresada da Hípica Celta, poderemos comer de picnic nas súas instalacións e os cativos iniciaranse no mundo da monta e participaran en xogos diversos.

En ambos casos os grupos irán acompañados por guías que irán descubrindo os diferentes encantos que albergan as diferentes localizacións. A práctica de hábitos saudables e convivencia líganse, unha vez máis, á diversión de descubrir a historia que hai tras o Mosteiro de San Salvador, O Castromoa, a torre da Homenaxe de Vilanova dos Infantes ou a Cova de San Vivián.

Anedia, con sede en Pontevedra, é unha asociación de pais e nais de pequenos con diabete, que ten ámbito autonómico. Entre os seus obxectivos fíxanse, entre outros, a reivindicación á asistencia médica, especializada e multidisciplinar; promocionar a información e adecuada educación diabetológica, teórica e práctica, para todos; e, defender os dereitos dos pequenos con diabete co fin de lograr a súa plena integración social e escolar.

Máis información en : anediagalicia.blogspot.com.es/2016/05/15-de-maio-celanova.html

facebook: www.facebook.com/events/903394053106232/

twitter: anediagalicia

Teléfono: 629809086

mail: anediagalicia@gmail.com