Crear PDF Recomendar Imprimir

Campeonato de futbol base Vila de Celanova en categoría benxamin e pre-benxamin

16 de Maio de 2013
  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

O mércores 1 de maio celebrouse no campo municipal de San Rosendo o torneo de fútbol base Vila de Celanova 2013 en categoría pre-benxamín e benxamín con 16 equipos participantes, catro de eles da escola municipal e 12 invitados da nosa provincia e a limitrofe pontevedra. Con máis de 200 nenos participantes e unha gran afluencia de público que superou as 1000 persoas o evento foi todo un éxito tanto no aspecto deportivo como social, podendose celebrar en Celanova unha gran festa do deporte base. No aspecto deportivo Os gañadores foron en categoría pre-benxamín CD.Ourense que lle gañou a final os prebenxamins de segundo ano da escola municipal de Celanova rematando o outro equipo celanovés na oitava posición, mentres en categoría benxamín o gañador foi a escila do RIbeiro gañandolle a final ao Barbadás, polo que respeta aos equipos celanovenses en esta categoría o benxamin de segundo ano perdeu o pase a final por penaltys diante o barbadas mentres os de primeiro ano quedaron na oitava posición.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo