Crear PDF Recomendar Imprimir

Bos resultados nos partidos da escola de fútbol aplazados da semana santa

04 de Abril de 2013
  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

A escola de fútbol deixou os encontros que tiñan que disputar durante os festivos da semana santa para o luns 1 de abril, xa que era día non lectivo para os rapazas. Bos resultados en xeral,  gañaron a domicilio os benxamins  Ponte Ourense-B 1-3 EDC.CELANOVA , tres puntos que os aupan ao segundo posto da clasificación, pola súa parte  os alevins-B - Santa Teresita 1-5 EDC.CELANOVA-B - puntos tamèn importantes para garantizar un posto entre os seis primeiros que dan opción a disputar a copa deputación. A outra victoria foi para o cadete EDC.CELANOVA 2-1 CD.Rua, resultado importante diante un dos equipos referentes da liga. As derrotas viñeron onde menos se contaban os alevins-A caían 3-1 en Carballiño cun rival que en teoría era asequible e que lle impide cerrar polo momento a calsificación para a seguinte fase da copa, así como o fútbol sala femenino saía derrotado en Maceda en outro partido dos asequibles2-1.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo