Crear PDF Recomendar Imprimir

A Romaría Etnográfica Raigame entrega os premios de fotografía correspondentes á edición do 2017

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

complicidade 1A ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME ENTREGA OS PREMIOS DE FOTOGRAFÍA CORRESPONDENTES Á EDICIÓN DE 2017

Celanova 3 de novembro de 2017

A Sala dos Arcos do Concello de Celanova acollerá mañá, sábado, o tradicional acto de entrega dos premios de fotografía que cada ano se convoca con motivo da celebración da Romaría Etnográfica Raigame e que, como é sabido, ten lugar cada 17 de Maio en Vilanova dos Infantes.

A entrega dos premios terá lugar ás 12,00 horas, con motivo da inauguración da exposición fotográfica que tamén se organiza anualmente coincidindo co Outono Fotográfico e que estará na Sala dos Arcos do Concello de Celanova durante o que resta de mes de novembro, baixo o título tradicional coa que se presenta esta mosta “Estampas dunha romaría”.

RESOLUCIÓN DO XURADO DO PREMIO DE FOTOGRAFÍA 2017

En Celanova, o 1 de Setembro de 2017 constituiuse o xurado formado por Xulio Fernández Senra, José Luís Diz, Antonio Piñeiro e Francisco Xavier Álvarez Campos, que actuou de secretario, para analizar os traballos presentados ao concurso de Fotografía convocado pola organización da “XVI Romaría etnográfica Raigame” celebrada en Vilanova dos Infantes o pasado 17 de Maio, día das Letras Galegas, resolvendo o seguinte:

A)     CONCURSO MELLOR SERIE FOTOGRÁFICA

complicidade 2Premio de 300 €:

  • Ao traballo presentado co título “Complicidade”, de Marcos Sandianes Suárez, destacando nel o relato conseguido á hora de amosar nun conxunto de 5 fotografías a complicidade que se interpreta nas conversas ou situacións duais que manteñen os protagonistas da imaxes noutras tantas escenas completamente diferentes e, sen embargo, unidas en todo caso polo elo de cercanía e afectiva que transmiten.

Pola creatividade, orixinalidade e singularidade, así como pola calidade fotográfica, amosadas nas súas propostas, acordouse conceder catro mencións especiais ás series:

  • “Serán no fiadeiro”, de Beatriz Cabanelas González.
  • “O oficio do meu avó”, de Marta Varela Mosquera.
  • “Cara onde vas?”, de Susana Baños González.
  • “Fiandeiras”, de Ana Iglesias.

B)     CONCURSO MELLOR FOTOGRAFÍA

Primeiro premio de 300 €:

  • Ao traballo presentado co título “O encanto dun momento”, de Beatriz Cabanelas González.

Segundo premio de 200 €:

  • Ao traballo presentado co título “Retrato de familia”, de Isabel Janeiro Touriño.

Terceiro premio de 150 €:

  • Ao traballo presentado co título “Foliada”, de Manuel Pazos Vázquez.

complicidade 3O xurado acordou conceder accesits ás seguintes fotografias, que formarán parte da exposición fotográfica que será organizada no marco do Outono Fotográfico de Ourense:

  • “Modista”, de Ana Iglesias.
  • “Leda” e “Romeiras”, de Manuel Pazos Vázquez.
  • “Miña nena”, de Isabel Janeiro Touriño.
  • “As fiandeiras”, de José Manuel Nóvoa Blanco.
  • “Hilandera”, de Mercedes Bosquet Herreros.
  • “O pasado”, de Encarna Pérez Mugüerza.
  • “Unha vida entre fíos”, de Silvia María Peña Pérez.

C)     CONCURSO MELLOR FOTOGRAFÍA TEMÁTICA: “O Museo do Pobo Galego”

Neste apartado do concurso, trátase de premiar algún traballo alusivo ó tema proposto en cada edición da romaría. Neste caso, o tema proposto foi o “Museo do Pobo Galego” ou todo aquilo que o mesmo representa no ámbito da antropoloxía, etnografía, oficios, costumes e artes que definen o noso pobo.

Contemplando o conxunto das fotografías presentandas no mesmo, o Xurado acordou concecer o premio ex aequo entre os traballos seguintes:

Premio de 150 €:

  • Ao traballo presentado co título “Felo de Garabás”, de José Manuel Nóvoa Blanco, pola singular visión e o movemento conseguido na imaxe dun personaxe non menos singular e descoñecido do entroido ourensán.

complicidade 4Premio de 150 €:

  • Ao traballo presentado co título “Mirada Galega”, de Isabel Janeiro Touriño, polo persoal encadre da imaxe, a harmonía dos trazos e a capacidade de síntese conseguida ó conxugar a formosura do futuro coa forza da tradición.

Sinaturas do Xurado:

José Luís Diz               Fco. Xavier Álvarez Campos              Xulio Fernández Senra        Antonio Piñeiro Feijóo

complicidade 5

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo