Erro
  • JFolder::files: A ruta non é un directorio:

Crear PDF Recomendar Imprimir

Concertos didácticos de órgano 2017

  • Lugar
    Mosteiro do Concello de Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Febreiro - Xuño de 2017
  • Gústame

2017 01 concertos didacticosUn ano máis e de forma gratuíta, os centros escolares de Galicia teñen a oportunidade de participar no ciclo anual de Concertos Didácticos de Órgano na Igrexa de San Salvador de Celanova promovido polo Concello de Celanova e patrocinado pola Secretaría Xeral de Cultura.

Este ciclo de concertos, impartido pola profesora de órgano do Conservatorio Profesional de Ourense e excepcional organista, Marisol Mendive, trátase dunha actividade única en Galicia que mestura dun xeito moi participativo, o coñecemento dos segredos dun órgano histórico coa interacción musical dos propios alumnos e alumnas co maxestoso instrumento, ó gozaren da oportunidade de interpretaren cos seus propios instrumentos varias pezas musicais acompañados polos poderosos sons do órgano.

Acompáñache unha ficha explicativa máis pormenorizada da actividade, ademais do calendario de celebración do programa para o presente curso, co fin de que, de estaren interesados, os centros poidan escolleren a data que mellor lles conveña para acudir a Celanova.

Lugar de celebración dos Concertos

  • Órgano do coro alto da igrexa de San Salvador de Celanova

Duración

  • 50 minutos

Beneficiarios:

  • Dirixidos a alumnos dos últimos cursos de Primaria, Secundaria e Bacharelato

Número de participantes:

  • 2017 04 concertosdidacticos 1Máximo 50 alumnos por grupo. Mentres un grupo está no concerto, outros grupos poden realizar as visitas guiadas polo fermoso recinto do mosteiro: Igrexa, claustro, capela de San Miguel, torre das campás, etc.

Dirección:

  • Marisol Mendive. Profesora de órgano do Conservatorio de Música de Ourense

Datas de celebración:

  • O programa planifícase para ofertar 10 xornadas con tres clases-concerto pola mañá dende o mes de marzo ata  o mes de xuño.
    • Marzo
    • Mércores, 22
    • Mércores, 29
  • Abril
    • Mércores, 5
    • Mércores, 19
    • Mércores, 26
  • Maio
    • Mércores, 3
    • Mércores, 10
    • Mércores, 24
    • Mércores, 31
  • Xuño
    • Mércores, 7

En total son 30 conciertos didácticos de 50 minutos de duración

Horario das sesións didácticas:

  • De 11,00 a 11,50
  • De 12,00 a 12,50
  • De 13,00 a 13,50

As visitas guiadas organizaranse nos distintos horarios de forma que a visita á igrexa non coincida coa celebración dunha sesión didáctica para non interferir na mesma.

Se os centros escolares desexan facer algunha actividade pola tarde, terán preferencia aqueles que soliciten primeiro a asistencia ós concertos, xa que en horario de tarde tan só dará tempo a atender a un centro escolar.

Contidos das sesións:

2017 04 concertosdidacticos 2Previamente, a profesora realiza unha explicación do instrumento enmarcado dentro dos contidos pedagóxicos de cada etapa escolar á que vai dirixida a sesión. A clase será eminentemente práctica para os alumnos e nela abordaranse os contidos e partituras incluídas na presente memoria.

Partituras

2º e 3º da ESO

    Sumer is Icumen in                S.XIV            
    Más Vale Trocar                    J. Del Enzina
    Xarabanda                             G. F. Haendel
    Sellengers round                    Danza
    A herba de namorar               Luar na Lubre
    Robin me ama                        Adam de la Halle

4º  da ESO, 1º e 2 Bacharelato

    La Vals d’Amelìe                 Jann Tiersen
    Gimnopèdie 1                       E.Satie
    Vois sur ton chemin             Los niños del coro. Bruno Coulais   
    Laudamus Virginem            Libre Vermell
    Stella Splendens                   Libre Vermell
    O Fortuna                             K.Orff
    Nau                                       Bieito Romero

Música Tradicional galega

  • Vals Tradicional
  • Vals dos vellos
  • Rumba de Vergara
  • Rumba de Mallou
  • Pasodobre de San Roque
  • Pasacorredoiras de Fonsagrada

Percorridos guiados:

O Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez, de forma coordinada, ofrecerán toda a información necesaria e guías turísticas para realizar percorridos guiados pola zona, xa que ademais de ter a oportunidade de afondar no coñecemento do órgano e doutras referencias musicais, tamén haberá oportunidade de facer “Un paseo pola historia de Galicia” percorrendo dende a cultura castrexa ata o rexurdimento da literatura galega, achegándose á:

  • Cultura castrexa (Castromao)
  • Alta Idade Media e prerrománico (Capela de San Miguel)
  • Baixa Idade Media (Vilanova dos Infantes)
  • O monacato galego (Mosteiro de San Rosendo)
  • A devoción mariana en Galicia (A Virxe do Cristal)
  • Desenvolvemento urbano das vilas galegas (Casco urbano)
  • O Rexurdimento da literatura galega (Casa de Curros)

Albergue:

2017 04 concertosdidacticos 4O programa completo da visita a Celanova poderá ser planificado polos centros escolares para máis dunha xornada, ó existir a posibilidade de facer noite no albergue municipal con capacidade para 50 persoas.

2017 04 concertosdidacticos 3

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo