(10/11/2016) Renovación de instalacións de iluminación exterior da Rúa Encarnación e Praza Maior

- Este proxecto consistiu na realización das seguintes actuacións, sendo o seu orzamento total de 47.528,80 euros:
- Actuación en Rúa Encarnación, no que o seu importe ascendeu a 14.278,00 €
- Actuación en Praza Maior, no que o seu importe ascendeu a 33.250,80 €
- Obxectivos e resultados: Implantación de medidas de contabilización, control e telexestión do consumo de enerxía. Control e contabilización do consumo de enerxía, e control do acendido e do apagado.
- As actuacións foron realizadas ao abeiro da Resolución do 10 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas, mediante proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración local, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
