Crear PDF Recomendar Imprimir

Unha enquisa da a coñecer a necesidade de creación dunha aplicación para facilitar a información municipal entre os veciños de celanova

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

2016 10 app mobilO 98,9 das persoas consultadas consideran primordial a creación desta ferramenta para coñecer a actividade do Concello

Unha enquisa realizada polo Concello de Celanova a través da Aula CEMIT e difundida polas redes sociais (Facebook e Twitter), manifesta o interese dos veciños deste municipio na posible posta en marcha dunha aplicación móbil que baixo o título de “Celanova Viva” tratará de unificar a información administrativa, cultural, deportiva e social do Concello de Celanova para achegala a eles dun xeito máis cómodo e unificado.

A Aula CeMIT de Celanova foi a encargada de levar a cabo a prospección de opinión sobre esta proposta, no marco do proxecto CeMIT-Innova, unha iniciativa da Amtega para o fomento da Innovación Social Digital en Galicia, e da que a aula CeMIT de Celanova forma parte como proxecto piloto.

“Celanova Viva” pretende unificar toda a información que xera de forma cotiá a administración local e achegala dun xeito sinxelo a todos aqueles usuarios, residentes ou non no municipio, e que conten cun teléfono con acceso á internet e con posibilidades de descargar aplicacións.

A falta de información por parte dos veciños sobre a realidade diaria das actividades xeradas no Concello fan a miúdo que estas non conten cun número mínimo de asistentes, polo que se espera que coa creación futura desta aplicación e coa unión da tecnoloxía e da innovación se poida dinamizar a actividade social, cultural e económica do Concello.

A través desta aplicación móbil local (APP), os veciños Terán ó seu alcance, de forma cómoda e sinxela, un mundo de posibilidades a desenvolver en Celanova: coñecer as actividades locais, o turismo, as ofertas de comercio da zona, localizar os lugares de ocio e outros servizos administrativos, culturais e deportivos de utilidade. Todo elo vaise poder reunir de elegante e directa nesta App de deseño minimalista.

Coñecido o interese veciñal pola posible posta en marcha desta iniciativa, o Concello de Celanova, en colaboración coa empresa de tecnoloxías da información “Evelb”, tratará de xestionar a axuda necesaria por parte da Xunta de Galicia para poder poñela en marcha durante o ano 2017.

Innovación

Unha das novidades coas que conta esta App é a interacción entre comerciantes e clientes, facilitando a visualización dos productos e permitindo que compradores e vendedores interactúen en tempo real. No sector da hostelería, outro sector a ter en conta, poderanse publicar as propostas gastronómicas de forma gratuíta, manexando os presos e promocións, axustándose ños gustos e en función da oferta e demanda que poida haber. Isto fomenta o turismo gastronómico, o comercio a distancia e pode promover a venda de productos de Celanova a nivel Autonómico.

Sobre CeMIT-Innova

CeMIT-Innova é un proxecto colaborativo posto en marcha pola AMTEGA en 2015, destinado ó fomento da Innovación Social Digital en Galicia, no marco da Estrategia de Inclusión Digital da Xunta de Galicia e aliñado coa Axenda Dixital 2020.

Este proxecto impulsa unha nova forma de traballar dende a Rede de Aulas CeMIT, ás que queremos dar protagonismo dentro do seu entorno local co obxectivo de que innovadores/as, usuarios/as e comunidades locais colaboren utilizando as tecnoloxías dixitais para co-crear coñecemento e solucións para unha ampla gama de retos e necesidades sociais, nunha escala que antes das TIC e Internet era inimaxinable.

Máis información en https://cemit.xunta.gal/es/cemit-innova_es

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), impulsada pola Amtega, está integrada por 98 aulas presentes en 92 municipios e 53 comarcas. O seu obxectivo é promover o uso das novas tecnoloxías entre a población, con especial atención ós colectivos máis afectados pola brecha dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionales galegos e mostrar, a pymes e micropymes as vantaxes da sociedade da información.

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos, coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan cun servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e gratuíto dos usuarios ó equipamento dispoñible, co apoio e asesoramento dun axente especializado.

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo