Erro
  • JFolder::files: A ruta non é un directorio:

Crear PDF Recomendar Imprimir

O Concello de Celanova saca a licitación tres postos da Praza de Abastos

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

2016 02 praza abastos inferiorQueda pendente o restaurante, sobre o que se están estudando diversas fórmulas posibles de xestión.

O Concello de Celanova aprobou na última xunta de goberno o prego de cláusulas administrativas que rexirán a licitación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, de tres postos de venta na praza de abastos municipal.

Despois das profundas obras de remodelación á que foi sometida en tres fases diferentes o edificio da Praza de Abastos de Celanova, o mercado gañou para a actividade comercial de abastos tres novos postos que estaban inutilizados na planta baixa do edificio e que poderán ser alugados agora por profesionais para establecer neles o seu negocio.

O primeiro deles conta cunha superficie de 11,40 metros cadrados e cámara frigorífica, pero sen motor.

Os outros dous espazos teñen unha superficie cada un deles de algo máis de 13 metros cadrados, pero non contan con cámara frigorífica.

Aqueles que estean interesados na súa licitación deberán estaren atentos á publicación no perfil do contratante da Deputación Provincial, así como ó taboleiro de anuncios do Concello de Celanova.

O periódo de contratación será por 7 anos improrrogables e para poder participar na licitación, os profesionais que o desexen deberán depositar unha fianza equivalente ó 2% do valor do dominio público que se vai licitar.

2016 02 praza abastos superiorPor outra banda, o Concello mantén a valoración de distintas fórmulas posibles de xestión para o futuro restaurante que será instalado no piso superior da Praza de Abastos, antes de sacalo tamén a licitación co fin de poder definir administrativamente o perfil máis axeitado para un establecemento que se pretende que sirva de lanzadeira do resto dos establecementos de restauración que existen actualmente na vila.

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo