Crear PDF Recomendar Imprimir

O Alcalde de Celanova nomea ós responsables das distintas áreas de goberno

  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

2015 xuntagobernoJosé Luis Ferro resérvase para a xestión directa as áreas de cultura, turismo e promoción comercial

O alcalde de Celanova, José Luís Ferro Iglesias, formalizou xa as distintas áreas de goberno en base ás que funcionará o seu equipo para os próximos catro anos.

Por unha banda nomeou ós distintos concelleiros e concelleiras que formarán parte da Comsión de Goberno como responsables das seguintes áreas:

  • Área de Novas Tecnoloxías, Particitación Cidadá e Promoción Empresarial: D. Julio Mosquera González.
  • Área de Festas, Xuventude, Familia e Actividades Recreativas: Dª. Ana Fernández Antorrena.
  • Área de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Traballo: Dª. Sonia Opazo Pungin.
  • Área de Educación e Deportes: D. Rubén Vieira González

Así mesmo, tamén acordou delegar de forma especial a dirección interna e xestión dos servizos que a toninuación se indican, nos concelleiros seguintes:

  • Servizos de Facenda, Réxime Interior, Seguridade Cidadá, Urbanismo e PEPRIS: D. Máximo Losada Méndez.
  • Servizos de Medio Ambiente, Limpeza, Parques e Xardíns e Protección Civil: Dª. María del Pilar Regueiro López.
  • Servizos de Obras e Medio Rural: D. José Manuel Veites Pérez.

2015 xunta goberno 2Finalmente, José Luís Ferro reservouse para xestionar el directamente as áreas de Cultura, Turismo e Promoción Comercial ó considerar que neses tres ámbitos serán nos que pivote o desenvolvemento económico futuro de Celanova, tal e como afirmou no seu discurso de investidura pronunciado no salón de plenos o pasado día 1

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web |Facebook| Correo